Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (97/1995).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de Or. Sum. Hip. artigo 131 L.H. seguidos neste xulgado co número 97/1995 por instancia do Banco Central Hispano-Americano, representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Carmen González Parcero, sobre reclamación de crédito hipotecario, e contía de 2.268.739 pesetas, se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os predios dos que o prezo taxado polos interesados é o da escritura de constitución da hipoteca e que se describen ó final; o seu remate terá lugar nas datas e coas condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa: celebrarase o día 25 de outubro de 1995, ás 10 horas.

Segunda poxa: celebrarase o día 24 de novembro de 1995, ás 10 horas.

Terceira poxa: celebrarase o día 28 de decembro de 1995, ás 12 horas.

Condicións das poxas:

Primeira.-Os autos e as certificacións do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración das poxas poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, acompañando ó mesmo xustificante de ter ingresada a consignación que logo se

sinalará, ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado abríndose no acto do remate.

Terceira.-Para tomar parte na primeira poxa os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 1569000180113893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A. unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación dos predios.

Cuarta.-As poxas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de que non haxa oferta admisible na primeira poxa, convócase a unha segunda coa rebaixa do vintecinco por cento da taxación, coas mesmas condicións que quedan ditas e establecéndose a que se refire o apartado anterior, no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta.-A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións que as anteriores, debendo consigna-los interesados, para poderen participar nela, unha cantidade igual que a sinalada para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante, está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematente os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios que se poxan e o seu tipo:

1. Concello de Val do Dubra, parroquia de Niveiro, predio número 518 do Plan Xeral da Zona de Concentración Parcelaria de San Vicente de Niveiro. Zona de labradío, terreo de labradío no sitio de Rubial, concello de Val do Dubra, que linda: norte, Vicente Neiro Lamas; sur, Mercedes González Fraga; leste, núcleo urbano de Pedregosa; e oeste, camiño da concentración. Ten unha superficie de cincuenta e cinco áreas. Referencia rexistral: tomo 239, libro 44, folio 31, predio 6893. Tipo de taxación para efectos de poxa: 4.400.000 pesetas.

2. Predio número cento oitenta e nove do Plan Xeral da Zona de Concentración Parcelaria de San Vicente de Niveiro. Zona de monte, terreo dedicado a monte, no sitio de Verdieira, concello de Val do Dubra, que linda: norte, Baldomero Calviño García; sur, Jesús González Parcero; leste, Jesús González Parcero; e oeste, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria. Ten unha extensión superficial de dez áreas. Inscrita no tomo 232, libro 42, folio 223, predio 6584. Tipo de taxación para os efectos da poxa: 950.000 pesetas.

3. Predio número catrocentos setenta e tres do Plan Xeral da Zona de Concentración Parcelaria de San Vicente de Niveiro. Zona de labradío, terreo de labradío, no sitio de Insuas, concello de Val do Dubra, que linda: norte, río da Torre; sur, camiño da concentración; leste, José Parcero Parcero; oeste, José González Parcero. Ten unha extensión superficial de dezanove áreas. Inscrita no tomo 243, libro 45, folio

196, predio 7307. Tipo de taxación para os efectos da poxa: 30.000 pesetas.

E para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación ó debedor no caso de que este non fose achado no predio, expido, selo e firmo o presente edicto en Ordes o sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria

9505914