Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (31/1991).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de primera instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste

xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 31/1991 promovido por María Pensado Currais, sobre declaración de falecemento de Consuelo Pensado Touris, nacida en Negreira o 20 de marzo de 1908, e de José María Pensado Touris, nacido en Negreira o 23 de novembro de 1893, emigrados ambos ás américas aproximadamente no ano 1930 e non volvendo a ter noticias súas desde 1969.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9506101