Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (50/1995).

En cumprimento do acordado por providencia de data 4 de abril de 1995, pola xuíza de primera instancia e instrucción de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 50/1995, por instancia de Delfina Priegue Agra, sobre declaración de falecemento da súa nai Avelina Priegue Agra, natural de Muros, nada no lugar de Silvosa, freguesía de Santa Mariña de Esteiro-Muros, o día 19 de xuño de 1919, solteira, tiña unha soa filla, Delfina Priegue Agra, nada no lugar de Silvosa-Esteiro-Muros, o día 21 de decembro de 1945.

Avelina Priegue Agra, desapareceu do seu domicilio, sito no lugar de Insuela-Esteiro (Muros), onde vivía coa súa filla, a promovente, no mes de xullo de 1973. Saiu da súa casa sobre as 12.30 horas do mediodía e non volveu nunca máis, sen que desde entón se volvesen ter noticias dela.

A desaparición comunicouse verbalmente no cuartel da Garda Civil de Muros, sen que a intensa busa de familiares e veciños, así como as xestións efectuadas pola Garda Civil, desen ningún resultado.

O día da desaparición no mes de xullo de 1973, como queda dito, Avelina tiña a cara inchada debido a un flegmón. Desde entón transcorreron máis de 20 anos, sen que volvesen ter noticias súas.

Tendo en conta a data de nacemento, a presunta falecida tería na actualidade 75 anos de idade.

O que para os fins previstos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros o 4 de abril de 1995.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-4997