Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da explotación de arxila Pena Insua.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da explotación de arxila Pena Insua, situada na parroquia de San Pedro de Benquerencia, concello de Barreiros, Lugo.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

-Concello de Barreiros.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

95-05909