Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira.

Visto o expediente do convenio coelctivo para o sector carpintería de ribeira, da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (ASEMA), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG) en galego e castelán.

Vigo, 18 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O convenio obriga a tódalas empresas do sector carpintería de ribeira, afectadas pola ordenanza laboral de traballo do 28 de xullo de 1969.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As normas que se establecen no presente convenio afectarán á totalidade dos productores, tanto fixos como eventuais, que traballen por conta das ditas empresas e os que ingresen nestas durante a vixencia do convenio.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A entrada en vigor do presente convenio será a partir do día 1 de xuño de 1995, e a súa duración ata o 31 de decembro de 1995.

Non obstante o parágrafo anterior e con independencia da entrada en vigor do convenio, os efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 5º.-Prórroga.

O presente convenio poderá prorrogarse ó termo da súa vixencia, de ano en ano, por tácita reconducción, se non mediara oportuna denuncia de forma deste.

Artigo 6º.-Denuncia e revisión.

A denuncia propoñendo a revisión do presente convenio, deberá presentarse por calquera das partes deliberantes, á delegación provincial da Consellería de Traballo, cunha antelación mínima de 3 meses á data de expiración do prazo de vixencia ou de calquera das súas prórrogas anuais, se non fose denunciado na súa vixencia ordinaria.

As negociacións, que non poderán iniciarse con antelación superior ós 3 meses da terminación da vixencia do presente convenio, desenvolveranse coa continuidade necesaria, co fin de permiti-lo exame e puntual solución dos extremos cuestionados.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio compensarán e abservarán as que por calquera concepto viñeran percibindo os traballadores e as que no futuro se concedan por imperativo legal, convenio colectivo ou contrato individual e o seu cómputo farase de forma global.

Artigo 8º.-Garantía ad personam.

Non obstante o artigo anterior, respectaranse situacións persoais que no seu conxunto sexan, desde o punto de vista da percepción, máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 40 horas semanais de traballo efectivo, realizadas de luns a venres.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, cando na mañá do sábado se teña que efectuar unha operación de varada ou lanzamento dun buque, o persoal necesario para realizala, a xuízo da empresa o do delegado de persoal, virá obrigado a iso, para o cal se lle avisará o día anterior. Para estes efectos entenderase como media xornada un máximo de catro horas.

Naquelas empresas nas que estea establecida a súa xornada de traballo de xeito continuado, os traballadores terán dereito a un descanso de quince minu

tos, coñecido como tempo de bocadillo e que para tódolos efectos, será considerado como traballo efectivo.

Artigo 10º.-Interpretación.

Órgano competente: a comisión paritaria do convenio é o órgano de interpretación conciliación e vixencia do seu cumprimento.

Artigo 11º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria do convenio está integrada por un presidente, un secretario e oito vocais, catro deles en representación dos empresarios e outros catro en representación dos traballadores.

Artigo 12º.-Salarios.

Os soldos e salarios do presente convenio serán os que figuran na táboa anexa.

Artigo 13º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos o consumo, establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4.25 á cifra que resultase do dito IPC ó 31 de decembro de 1994 efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de 1 de xaneiro de 1995 servindo por conseguinte como base de cálculo para o incremento salarial de 1996 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados no dito ano. A revisión salarial producirase sobre tódolos conceptos retributivos que figuran no convenio.

A porcentaxe de revisión resultante gardará, en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente en cada convenio, co fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre de 1996.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Tódolos productores afectados por este convenio percibirán como premio de antigüidade, quinquenios na contía dun 7% sobre os salarios ou soldos base da táboa anexa.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, tomarase como referencia para o cómputo da antigüidade a data de entrada do traballador na empresa.

Artigo 15º.-Traballos penosos, molestos e toxicidade.

As empresas aboarán un plus do 30%, sobre os salarios da táboa anexa do presente convenio, pola execución dalgún dos traballos seguintes:

-Do interior ou pintado no interior, de sentina, calquera que sexa o material que se empregue.

-Pintado no interior de tanques de combustibles, de auga, calquera que sexa o material que se empregue nos ditos traballos. No pintado de neveiras con material bitusmático, brea, alcatrán ou pinturas que poidan producir irritacións nalgunha parte do corpo.

-Renovación das bancadas das caldeiras e máquinas de vapor, sen limitación de tonelaxe ou potencia deles.

-Renovación das calzadas, políns ou bancadas para motores Diesel 100 CV.

-Calquera traballo que se realice a unha distancia máxima de tres metros de caldeiras encendidas.

-Nas praias, en ramplas, en varadoiros, onde o traballador haxa de ter parte do corpo sumerxido na auga. Exceptuarase cando ésta non chegue ó xeonllo e lle sexan subministradas botas de goma ou similar para protección do productor.

-Nos traballos que se realicen nas neveiras ou frigoríficos sempre que as súas temperaturas sexan inferiores a 10 graos ou manteñan xeo no seu interior Estes traballos entenderanse sempre en reparación.

En concepto de toxicidade este plus do 30% aboaranllelo ós seus productores as empresas dedicadas á construcción de embarcacións de plástico.

Así mesmo, este plus do 30% aboarase nos traballos que se realicen nos fondos de embarcacións planas de proa, popa, tales como barcazas, bateas, gánguiles e dragas, sempre que estes traballos se realicen a unha altura inferior a un metro corenta centímertos do chan onde se efectúen os ditos traballos e os que teñan de realizarse a máis de dez metros de altura da cuberta da nave.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto os traballaodres afectados por este convenio percibirán 30 días do seu salario, para tódalas categorías, en cada unha das extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, que seran satisfeitas a primeira na véspera da dita festa e a segunda o día 22 de decembro.

Ó persoal que ingresase ou cesase no transcurso do ano, aboaránselle estas grartificacións rateando o importe delas en relación co tempo de servicio na empresa, para o cal a fracción de semana ou mes se computará como unidade completa. Estas gratificacións serán incrementadas co premio de antigüidade quen a tivese e o plus de asistencia.

Artigo 17º.-Gratificacións do 19 de marzo-San Xosé.

A gratificación para conmemora-la festividade de San Xosé establécese en vintecatro días para tódalas categorías sobre os salarios da táboa anexa, e aboarase o día laboral inmediatamente anterior ó 19 de marzo, nas mesmas condicións cás gratificacións a que fai referencia o artigo anterior.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Haberá que aterse ó establecido polas normas xerais.

Artigo 19º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un plus de transporte ou distancia para cada día efectivamente traballado, repartido de luns a venres, a razón de 490 pesetas diarias. Non se terá dereito a este plus os días que se traballe

menos de media xornada. No caso de traballar un sábado, pagarase a parte proporcional, e será o mínimo de media xornada.

Artigo 20º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non lles entreguen ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos e fosen propiedade destes aboarán en compensación ó desgaste delas, 200 pesetas por día traballado para ás categorías de oficiais e axuddantes e 170 pesetas tamén por día traballado para os aprendices.

Artigo 21º.-Vacacións.

Fíxase o período de vacacións en 30 días naturais para tódalas categorías afectadas polo presente convenio, que se farán efectivas sobre o salario que se fixa na táboa anexa do convenio, e incrementarase a dita cantidade cos aumentos de antigüidade e plus de asistencia. Non se computarán para efectos vacacionais os días 13 de outubro, 7 e 22 de decembro.

Artigo 22º.-Accidentes de traballo.

As empresas aboaranlles ós productores accidentados por traballo, a partir do primeiro día do accidente, a diferencia que exista entre a prestación económica que perciba do seguro e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social na súa base de accidentes de traballo.

Artigo 23º.-Enfermidade.

As empresas aboaranlles ós traballadores a partir do décimo quinto día de enfermidade e ata que esgoten as prestacións da Seguridade Social, a diferencia que exista entre a prestación que perciban dela e a cantidade declarada para efectos de cotizacdión á Seguridade Social.

Mentres estea vixente o artigo 68 da Lei de contrario de taballo, as empresas están obrigadas a aboa-lo 50% do seu salario durante os catro primeiros días da primeira baixa de cada ano.

Artigo 24º.-Baixa hospitalaria.

No caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán a prestación económica por incapacidade laboral transitoria que aboe a Seguridade Social ou mutualidade patronal ata o 100% do salario de base de cotización á Seguridade Social.

Artigo 25º.-Revisión médica.

Tódalas empresas estarán obrigadas a concertar unha revisión médica anual para os seus traballadores. Estes disporán, durante a xornada laboral e sen perda de retribución, do tempo necesario para efectua-lo mencionado recoñecemento. Os gastos de desprazamento necesarios correrán a cargo da empresa.

Artigo 26º.-Acción asistencial das empresas.

A todo o persoal da empresa que, levando como mínimo cinco anos de antigüidade nela e tendo cumprida a idade mínima pensionable, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación nesta con

sistente no importe dunha mensualidade da retribución asignada para a súa categoría profesional na táboa de salarios do presente convenio, incrementada cos aumentos de antigüidade.

Por outra parte, terán dereito ó premio indicado no parágrafo anterior, os traballadores que, tendo unha antigüidade como mínimo de dez anos, sexan declarados polo organismo competente na situación de invalidez permanente para a profesión habitual ou para todo o traballo.

Artigo 27º.-Axuda por falecemento.

No caso de falecemento dun traballador, debido a enfermidade común ou accidente non laboral, as empresas complementarán ata trinta días a axuda por defunción que con carácter xeral establece en quince días o Decreto do 2 de marzo de 1944, e aboarase esta axuda no mesmo xeito e contía que establece o dito decreto e cando o traballador falecido deixe algún dos familiares que a continuacións e expresan segundo a orde de relación seguinte: viúva, descendentes lexítimos, lexitimados, ilexítimos ou naturais recoñecidos, menores de 18 anos ou inútiles para o traballo. Irmáns orfos menores da mencionada idade que estivesen ó seu cargo. Filla ou irmá maiores de 18 anos que así mesmo estivesen ó seu cargo, solteiras ou viúvas. Ascendentes pobres sen dereito a pensión, con tal que sexan sesaxenarios.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións: accidente laboral con resultado de morte, 1.075.000 pesetas; accidente laboral con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou grande invalidez, 1.610.000 pesetas.

Artigo 28º.-Roupas de traballo.

As empresas entregaranlles ós seus productores dúas fundas e dous pares de botas de seguridade homologadas, por ano, ó cabo do cal pasarán a propiedade do traballador.

Artigo 29º.-Seguridade no traballo.

Tódolos traballadores están obrigados a levar e utiliza-las medidas de seguridade e protección que facilite a empresa, para evita-lo accidente de traballo. Especialmente, significarase a obriga de leva-lo casco de protección e as botas de seguridade.

O incumprimento do presente artigo por parte dos traballadores considerarase como falta e será sancionado segundo a lexislación vixente.

Artigo 30º.-Normas sobre aprendizaxe.

A duración da aprendizaxe nas industrias de carpintería de ribeira, afectadas polo presente convenio, será de dous anos.

Para que os aprendices teñan dereito, transcorrido o primeiro ano ou sucesivos na dita situación, ó incremento de retribución consignada na táboa de salarios do presente convenio, será preciso que paralelamente adquirisen a capacitación profesional necesaria que xustifique o seu ascenso a unha categoría superior.

No caso de que o aprendiz considere que adquiriu a capacitación profesional necesaria para ascender e non estivese conforme con iso a empresa, deberá dirixir escrito a esta solicitando ser sometido a exame ante un tribunal constituído polo dous oficiais de maior categoría do taller e un representante da empresa.

Todo aprendiz declarado apto para a categoría de axudante, no caso de que non exista vacante da dita categoría na empresa na que presta os seus servicios, percibirá o salario que lle corresponda como tal axudante.

Os aprendices declarados non aptos para pasar á categoría de axudantes, continuarán como tales aprendices seis meses máis, transcorridos os cales repetirán o exame e se tampouco conseguiron supera-la correspondente proba, poderán optar entre despedirse ou pasar á clase de peóns, especializados ou non, se existise e houbese vacante da dita praza.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal terán, como representantes legais dos traballadores, dereito a dispor de quince horas mensuais retribuídas, como máximo, para o exercicio das súas funcións de representación. Non obstante o parágrafo anterior, poderán acumularse cada mes, as horas dos distintos membros do comité de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

As saídas efectuadas deberán xustificarse debidamente.

Artigo 32º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 3.402 pesetas e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1.Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea a toque da sirena, campá ou similar a disposición do encargado para comeza-la xornada laboral.

Tamén entenderase falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a xornada de traballo.

2.Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% de premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

Non obstante o parágrafo anterior, para efectos do plus de asistencia, a primeira falta de puntualidade non se computará en tanto non exceda de trinta minutos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada e perderase o 10% de premio cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

5. As licencias establecidas no Estatuto dos traballadores e ordenanza laboral non serán consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 33º.-Xornadas non laborables.

Con vixencia exclusiva para o ano 1995 os días 13 de outubro e 7 e 22 de decembro consideraranse non laborables e retribuídos.

Artigo 34º.-Lexislación subsidiaria.

Ámbalas partes deliberantes comprométense a observa-la normativa xeral vixente, en todo aquelo que non quede determinado especificamente no presente convenio.

Artigo 35º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son en representación dos traballadores, as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, e en representación dos empresarios a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Pontevedra ASEMA que será publicado en castelán e galego.

Táboa salarial para o ano de 1995

CategoríasPtas./día

Encargado3.221

Calafate2.826

Axudante calafate2.758

Axudante2.758

Oficial de 1ª3.007

Oficial de 2ª2.826

Peón especializado2.730

Peón2.696

Aprendiz de 2º ano2.324

Aprendiz de 1º ano2.172

Sección pintura

Encargado3.007

Oficial de 1ª2.826

Oficial de 2ª2.798

Axudante2.758

AdministrativosPtas./mes

Xefe125.353

Oficial de 1ª110.546

Oficial de 2ª 89.607

Auxiliar 80.418

Aspirante 66.058

Subalternos

Capataz de peóns82.715

Porteiros e almacenistas78.123

95-5417