Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector almacenistas de madeira, da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 2-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), en galego e castelán.

Vigo, 10 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son en representación dos traballadores as centrais sindicais CIG, CC.OO. y UGT e en representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Pontevedra (ASEMA).

Artículo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Pontevedra.

Artículo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio obriga a tódolos almacenistas e cooperativas de compra-venda de madeiras, ben polo miúdo ou ben por xunto e de importación e exportación.

Cando a empresa, ademais de dedicarse a algunha das actividades antes indicadas, explota industrias de elaboración ou transformación dos artigos propios do seu comercio de compra-venda, xa sexa no mercado nacional ou como importador-exportador, respectará para o persoal que teña actividade ou clase de traballo especificada neste convenio, as condicións máis favorables, e non serán de aplicación a este persoal as doutros convenios que lles fosen menos favorables.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno, dependentes e obreiros dos almacéns, cooperativas de compra-venda de madeiras e importacións e exportacións.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os efectos económicos deste comezarán a rexer a partir do día 1 de outubro de 1994.

Artigo 6º.-Duración.

O presente convenio finalizará a súa vixencia o día 30 de setembro de 1995.

Artigo 7º.-Garantías persoais.

Tódalas condicións persoais máis beneficiosas consignadas en anteriores convenios ou pacto entre patronal e traballadores serán respectadas individualmente.

Artigo 8º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá desde o 1 de outubro de 1994 as retribucións consignadas nos anexos deste convenio, incrementadas, se é o caso, co premio de antigüidade.

Artigo 9º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo establecido polo INE rexistrase o 30 de setembro de 1995 respecto do 30 de setembro de 1994 un incremento superior ó 3,25% efectuarase unha revisión da táboa salarial, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a indicada cifra. A dita revisión efectuarase con efectos do 1 de outubro de

1994, e servirá así mesmo de base de cálculo para o incremento salarial de 1995. A revisión salarial aboarase dnha soa vez durante o cuarto trimestre de 1995.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto, os traballadores percibirán trinta días de salario establecido neste convenio, máis a antigüidade a que tivese dereito, en cada unha das extras do 24 de xullo e Nadal. Así mesmo todo o persoal afectado por este convenio percibirá 27 días de paga extra, fixados na ordenanza laboral da madeira, que se aboará o día 19 de marzo de cada ano.

Artigo 11º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará por este concepto de 30 días naturais, dos cales 22 como mínimo serán laborables.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O premio de antigüidade será calculado sobre o salario pactado neste convenio, a razón do 5% por quinquenio.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán para todo o persoal dúas pezas de traballo que determina a ordenanza laboral e dous pares de luvas por ano. O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 6.061 pesetas para as pezas de roupa e de 1.456 para as luvas.

Artigo 14º.-Compensacións.

Como complemento por enfermidade, as empresas a partir do cuarto día de baixa por enfermidade,m aboarán ós seus productores a diferencia ata o total do salario, incluídas as melloras obtidas por este convenio, durante o período que o productor reciba asistencia polo seguro obrigatorio de enfermidade.

No suposto de baixas producidas por accidentes de traballo as empresas completarán ata a totalidade do salario do convenio a correspondente prestación económica da Seguridade Social a partir do primeiro día da baixa.

Artigo 15º.-Denuncia.

De acordo coa lexislación vixente do convenio, terá que ser denunciado con tres meses de antelación á data de finalización deste que é o 30 de setembro de 1995.

Artigo 16º.-Horario.

Establécese o horario de inverno en corenta horas semanais, segundo establece a Lei 4/1983 descansando os sábados, non obstante, para o período deste convenio e sen que sirva de precedente para outros, establécese o horario de 9 a 13 horas pola mañá e de 15 a 19 horas pola tarde.

Durante o verán, o horario que se establece, de 15 de xuño a 31 de agosto, é o seguinte: de 7 a 15 horas, cada día laborable, descansando igualmente os sábados.

Artigo 17º.-Licencias.

1. O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, estarase ó que esta dispola en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

Cando o cumperimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada noa partado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou conveniconalmente.

2. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituir este dereito por unha reducción a xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

Este artigo de licencias terá vixencia mentres sexa de aplicación o artigo 37.3º e 4º do Estatuto dos traballaodres na redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 22 de marzo.

Artigo 18º.-Revisión médica.

As empresas estarán obrigadas a xestiona-la realización dunha revisión médica anual para todo o persoal do cadro de persoal, e será o tempo para esta retribuído, a través dos seus propios medios ou dunha entidade aseguradora.

Artigo 19º.-Taboleiro de anuncios.

Toda empresa estará obrigada a poñer no taboleiro de anuncios todo o relacionado co:

-Horarios.

-Lista de Vacacións.

-Boletíns de cotizacións e Seguridade Social.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por tres representantes, un de cada central e tres representantes da parte empresarial.

Artigo 21º.-Xornadas non laborables.

Para a vixencia do presente convenio terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos os seguintes días: 24 de xullo, 14 de agosto e 13 de outubro de 1995.

Non se sinalan como festivos os días 24 e 31 de decembro por coincidir en días non laborables.

Artigo 22º.-Seguro colectivo.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes con primas integras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións: accidente laboral con resultado de morte 1.400.00 pesetas, accidente laboral con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou gran invalidez: 1.800.000 pesetas.

Estas indemnizacións entrarán en vigor a partir do día 1 de outubro de 1994 e terán vixencia ata o 30 de setembro de 1997.

Artigo 23º.-Mesa negociadora.

Acórdase que nos primeiros dez días do mes de outubro de 1995 constituirase mesa negociadora do próximo convenio, e a súa vixencia será do 1-10-1995 ó 30-9-1996.

Artigo 24º.-Idioma.

O presente convenio publicarase no BOP en galego e castelán.

Táboa salarial do convenio de almacenistas de madeiras.

CategoríasSalario mes

Persoal administrativo:

Xefe administrativo130.243 ptas.

Oficial de 1ª114.424 ptas.

Oficial de 2ª107.164 ptas.

Auxiliar, telefonista y mecanógrafo/a 94.982 ptas.

Viaxantes:

Viaxantes corredores de praza107.164 ptas.

Persoal en xeral:

Dependentes 96.955 ptas.

Encargado111.447 ptas.

Carreteiro mozo 95.961 ptas.

Peón especialista 96.955 ptas.

Peón 93.602 ptas.

Serrador de 1ª107.164 ptas.

Serrador de 2ª 99.129 ptas.

Serrador de serra circular 98.603 ptas.

Nota: os choferes percibirán o salario correspondente as categorías de oficiais de 1ª ou de 2ª, de acordo co seu carné de conducir.

Vigo, abril de 1995.

5387