Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de cento vinteoito cabinas-ducha para as plantas de hospitalización do Hospital Xeral de Lugo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto,mediante concurso, da subministración de cento vinteoito cabinas-ducha para as plantas de hospitalización do Hospital Xeral de Lugo.

Obxecto e orzamento: a subministración de cento vinteoito cabinas-ducha para as plantas de hospitalización do Hospital Xeral de Lugo por un orzamento máximo de oito millóns oitocentas mil ptas. (8.800.000). IVE engadido.

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso deberán ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e Fax (982) 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 176.000 ptas. e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constitiuiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario

Xeral-Calde a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 26 de xullo de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

95-5863