A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, das obras de abastecemento da rede de augas ó Hospital de Calde.
Obxecto e orzamento: a elaboración dun proxecto e realización das obras para abastecemento da rede de augas ó Hospital de Calde, por un orzamento máximo de nove millóns novecentas setenta e cinco mil ptas. (9.975.000). IVE engadido.
Prazo de entrega: as obras obxecto do presente concurso deberán ser exentadas no prazo de un mes desde a data da súa adxudicación.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982)29 65 52 e Fax (982) 21 29 24.
Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 199.500 ptas. e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constitiuiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Clasificación: non se precisa.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 26 de xullo de 1995.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
95-5862