Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.043

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (281/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo de cognición nº 281/1994, sobre reclamación de cantidade seguidos por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Ourense contra José Maneiro Queiruga, sendo a contía do asunto a cantidade de 400.897 ptas. de principal e outras 300.000 ptas. calculadas para xuros e custas notifícaselle ó demandado José Maneiro Queiruga o embargo dos seguintes bens:

Parte proporcional do soldo que perciba na empresa Alfredo Goyanes Vilariño, corredor de comercio, ou, no seu defecto, na empresa en que traballe actualmente ou da pensión da Seguridade Social ou do INEM que poida percibir.

Faise constar que se realizou o embargo na secretaría deste xulgado por descoñece-lo domicilio do demandado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado José Maneiro Queiruga expido o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

6093