Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (620/1994).

En virtude do acordado en disposición dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, con esta data, no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguido co nº 620/1994, a pedimento da Caixa de Aforros provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli-Atanes, contra Enrique Sanjosé González e Matilde Quintana Ramos, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa por primeira vez o seguinte predio:

Predio nº sesenta e nove, edificación tipo C. Edificación unifamiliar tipo C con destino a vivenda. Consta de soto de trinta e catro metros cadrados con destino a garaxe; planta baixa destinada a vivenda de cento sesenta metros cadrados, formada por vestíbulo, cociña, terraza, salón e comedor independente, catro dormitorios, dous baños, un aseo e un soportal cuberto, e sitúase baixo cuberta un aproveitamento de corenta e tres metros cadrados. Encravada na parcela número sesenta e nove, de seiscentos metros cadrados. Lindeiros: norte, predio 84, letra G, de dotación privada; sur, rúa nº 1; leste, predio nº 70; e oeste, predio nº 68. Sita na urbanización Las Mimosas, na parroquia de Viduído, concello de Ames. Inscrita no tomo 730, libro 175, folio 51, predio 16.589, do Rexistro da Propiedade de Negreira.

O remate terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, o próximo día sete de novembro ás dez horas, previndo ós licitadores das seguintes condicións:

Primeira: o tipo da poxa é 39.000.000 de ptas. Fixado pola escritura de préstamo e non se admitirán posturas que non cubran a dita cantidade.

Segunda: que, para tomar parte na poxa, deberán consigna-los licitadores previamente na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya co nº 1500-18-062094, o 20% da dita cantidade, e non serán admitidos sen este requisito.

Terceira: que os autos e as certificacións ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Cuarta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día doce de decembro ás dez horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, e celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día nove de xaneiro ás dez horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5254