Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (213/1995).

Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado en autos de xuízo executivo número 213/1995, seguidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez, contra outros e Carlos Núñez Pérez, que tivo o seu domicilio en Vilar-Boqueixón, de onde, ó parecer se ausentou para o estranxeiro, descoñecéndose o seu actual paradoiro, cítase de remate ó dito demandado co fin de que dentro do termo de nove días compareza nos autos, e comparecerán en forma e se opoña á execución se lle conviñer, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e recaerán

sobre el os demais prexuízos a que teña lugar en dereito. Fáiselle saber que a parte demandante por descoñecer bens deste susceptibles de embargo, reservarase o dereito á designalos unha ez lle sexan coñecidos.

Dada en Santiago de Compostela, catorce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

5154