Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (237/1995-01).

Francisco Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 237/1995, promovidos pola Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez contra Manuel José Rey Lema e outra sobre reclamación de cantidade de 901.725 e máis 500.000 pesetas para xuros, gastos e custas e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase ó dito demandado, co fin de que no termo improrrogable de novo días compareza en autos e legal forma, mediante avogado e procurador e se opoña á execución se lle conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría a súa disposición e apercibíndoo que de non comparecer será declarado en rebeldía, e seguirá o preito o seu curso, sen volvelo a citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que sen previo requirimento de pagamento, procedeuse ó embargo dos bens inmobles, sitos no municipio de Vedra, parroquia de San Miguel de Sarandón. Unha casa sita no lugar da Ponte da parroquia de San Miguel de Sarandón, municipio de Vedra. Predios sitos no lugar de Ximonde e predios sitos na parroquia de San Mamede de Ribadulla.

E para que conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en ingorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5220