Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas que terán por obxecto a realización de determinadas revisións de control financeiro.

Esta consellería resolveu convoca-la contratación, polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, para a adxudicación dos contratos de asistencia técnica, a continuación relacionados, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas por determinadas entidades da Comunidade Autónoma, durante o exercicio de 1994, así coma de revisións de expedientes de subvencións.

a) Orzamentos de licitación e prazos de execución:

b) Fianza provisional: 2% sobre o presuposto fixado para cada contrato pola Administración.

c) Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas. Estarán ó dispor dos interesados para a súa consulta, na Consellería de Economía e Facenda, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Subdirección Xeral de Control Financeiro, durante o prazo de presentación de proposicións de dez a catorce horas.

d) Prazo de presentación das proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte. No caso de que o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

e) Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo nº 3, San Caetano, Santiago de Compostela. Os sábados só poderán presentarse no rexistro xeral, Consellería de Presidencia e Administración Pública, edificio nº 1, San Caetano, Santiago de Compostela.

f) Documentación que deben presenta-los licitadores: tanto a documentación acreditativa para contratar coa Administración coma as referencias técnicas e o detalle co que debe(n) presenta-la(s) proposición(s) determínase no prego de claúsulas administrativas particulares.

g) A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes nas dependencias das Secretaria Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do décimo sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio. No

caso de que o dito día sexa inhábil este acto celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

h) O importe do presente anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios en proporción ós orzamentos de licitación dos traballos que lles sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

Juan José Novoa Montero.

Interventor xeral da Comunidade Autónoma

5878