Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para contrata-la subministración dun equipo de cromatografía líquida-masas (expediente 037/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: equipo de cromatografía líquida-masas (expediente 037/1995).

Orzamento de licitación: 27.400.000 ptas., IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación. Definitiva, 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas os sábados.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE e rematará ó décimo terceiro día natural ás 14 horas ou ás 13 horas en caso de coincidir en sábado.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, rúa Oporto 1-Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte á data límite

de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Trratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados destas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 7 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6060