Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALGA

EDICTO.

O Pleno da Corparación Municipal, en sesión celebrada o día 29 de agosto de 1995 aprobou as bases da convocatoria para a provisión, por concurso-oposición, dunha paraza de auxiliar administrativo vacante no cadro de persoal deste concello. O texto completo destas bases exponse ó público por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu estracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: auxiliar administrativo.

Forma provisión: concurso-oposición.

Fase de oposición:

1º exame: mecanografía, obrigatorio e eliminatorio.

2º exame: manexo de ordenador, obrigatorio e eliminatorio.

3º exame: oral sobre temario, obrigatorio e eliminatorio.

4º exame: coñecemento idioma galego, obrigatorio e non eliminatorio.

Fase de concurso:

-Méritos académicos: máximo 3 puntos.

-Experiencia profesional: máximo 6 puntos.

-Formación: máximo 3 puntos.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Valga, 30 de agosto de 1995.

O alcalde

Rubricado

5010