Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para contrata-la subministración dun sistema multicanal de adquisición e análise de transitorios (expediente 40/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: sistema multicanal de adquisición e análise de transitorios (expediente 40/1995).

Orzamento de licitación: 7.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantías: provisional o 2% do importe de licitación; definitiva o 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envio por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas os sábados.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE e rematará ó décimo terceiro día natural ás 14 horas ou ás 13 horas en caso de coincidir en sábado.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de Xuntas do Rectorado r/ Oporto, 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte á data límite de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado, terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditaráse de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras, ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exer

cicios. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados delas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

Vigo, 6 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6020