Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe de oficina para a ampliación do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Sergas en San Lázaro (SCC 34/1995).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: moblaxe de oficina para a ampliación do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Sergas en San Lázaro (SCC 34/1995).

Orzamento: 15.637.800 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 312.756 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo inmediato contado a partir da data de notificación da adxudicación.

III. Admisión de variantes: admítense ata dúas variantes, de acordo coa cláusula 3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase:

a) Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificantes de existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

V. Solvencia técnica: acreditarase:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre elas.

b) Mostras, descricións e fotografías dos productos que se van suministrar.

VI. Criterios de adxudicación:

1.-Calidade dos materiais e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2.-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

3.-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

VIII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, 2º, en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade

co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

IX. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que portarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

6024