Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 2º, 5º, 10º, 15º, 18º, 22º, 23º, 25º, 26º e 27º dos estatutos da Asociación Empresarial Gallega de Transportes de Viajeros en Autocar (Transgacar).

En cumprimento dos disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 17 de agosto de 1995 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Jiménez Salvador, co visto e prace do seu presidente na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral, celebrada o 26 de xuño de 1995, consistente na modificación dos artigos 2º, 5º, 10º, 15º, 18º, 22º, 23º, 25º, 26º e 27º dos estatutos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6023