Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e mais dos estatutos da Asociación Gallega de Academias de Masaje y Terapias Manuales.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos pre

vistos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación Gallega de Academias de Masaje y Terapias Manuales, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os centros de ensino vinculados á masaxe do deporte, masaxe e terapias manuais.

Asinan a acta de constitución: Diego Jordá Cabellud e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-5896