Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público (procedemento aberto) das obras de aplicación norma básica NBE-CPI-91 e regulamento de instalacións de protección contra incendios nas residencias da terceira idade de Nosa Señora dos Milagres, O Carballiño e Castro Caldelas.

-Obra: aplicación da norma básica NBE-CPI-91 e regulamento de instalacións de protección contra

incendios na residencia da terceira idade Nosa Señora dos Milagres (Barbadás).

Orzamento de contrata: 14.802.436 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 592.097 ptas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Variantes o proxecto: non se admiten.

-Obra: aplicación da norma básica NBE-CPI-91 e regulamento de instalacións de proteccións contra incendios na residencia da terceira idade do Carballiño.

Orzamento de contrata: 4.816.819 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 192.673 ptas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

-Obra: aplicación da norma básica NBE-CPI-91 e regulamento de instalacións de protección contra incendios na residencia da terceira idade de Castro Caldelas.

Orzamento de contrata: 3.207.366 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 128.295 ptas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Variantes o proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos interesados nas dependencias da delegación provincial (Servicio de Gestión Económica), Avda. de Zamora, número 13 de Ourense.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo para a presentación das proposicións será de 26 días naturais, contados a partir do día da publicación do concurso no DOG, rematando ás 14 horas do último día do prazo. Se este coincidise en sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

As proposicións presentaranse en man, no rexistro da delegación provincial ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

No sobre A: «Documentación xeral e título do proxecto», a documentación sinalada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre B: «Referencias técnicas», a documentaicón sinalada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas.

Sobre C: «Proposición económica», axustarase ó modelo establecido, que figura unido ó prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, pasando ó seguinte día hábil, se este coincidise en sábado ou festivo.

O importe deste anuncio será por conta das empresas adxudicatarias.

Ourense, 11 de agosto de 1995.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

95-5868