Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 23 de xuño de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública, unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1731/1994 e C-478/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (A Coruña), praza dos Mariñeiros, s/n, e presentaren perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº expediente: C-1731/1994.

Denunciado: Ignacio Fernández Figueira.

Enderezo: Araño, s/n-Rianxo-A Coruña.

Nº expediente: C-478/1995.

Denunciado: Rosa Mª Ferreiros Romero

Enderezo: Avda. da Coruña-Ribeira-A Coruña.

A Coruña, 23 de xuño de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-5867