Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 22 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de pesca fluvial, devoltas polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expedientes 156/1994 P e 185/1994 P).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores dictadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 7/1992 do 24 de xullo de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto).

Os denunciados disporán do prazo de un mes, contado a partir do seguinte á notificación desta noti

ficación, para interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, ben directamente na propia consellería, a través desta delegación provincial, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da mencionada Lei de procedemento. Transcorrido este prazo a resolución será firme.

Que no mesmo prazo de que, se é o caso, dispón para interpoñer recurso ordinario, poderá facer efectiva a sanción imposta, de non desexar impugnar, en calquera oficina de Caixa Ourense, nº de conta 44/030/003918/8.

Transcorridos os prazos sinalados, sen ter constancia da interposición de recurso ou de abono da sanción, procederase a notificar á Delegación de Economía e Facenda para o inicio da vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 22 de agosto de 1995

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

-Expediente-Denunciado-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido

e sancionador

-Sanción

imposta

156/1994 PJosé Sousa PérezBaixada Río Miño, P3, 1º esq.Pesca sen licenciaArt. 34.1º da Lei 7/1992 de pesca fluvial50.001 ptas.

185/1994 PJuan Manuel Prol AntónR/ Nicaragua, 12, 4º

Vigo (Pontevedra)

Pescar sen licenciaArt. 34.1º da Lei 7/1992 de pesca fluvial50.001 ptas.

95-5864