Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/100-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: R.B.T.

Situación: Las Torres-El Carballo.

Características técnicas: Liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380 e 220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., en seccións de 95 e 25 mm Al, de 965 mm de lonxitude, con orixe nos CC.TT. Las Torres, El Carballo e A Xesta (expedientes 26604, 27019 e 50282, respectivamente) e discorrendo polos lugares mencionados. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5827