Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/102-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., 15008 A Coruña.

Denominación: modificado I do proxecto saídas subestación de Cedeira.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: modificado ó proxecto denominado saídas da subestación de Cedeira, consistente en:

Liñas eléctricas aerosubterráneas de media tensión a 20 kV, baixo tubo e sobre apoios metálicos e de formigón, de 1.220 m e 120 m de lonxitudes subterráneas e aéreas respectivamente, con conductores R.H.V. 15/20 V, de 3(1x240) mm Al e LA-110, con orixe na subestación de Cedeira e remates respectivos en C.T. de Vilela, entronque en L.M.T. a Cedeira e entronque en L.M.T. en dobre circuíto a Valdoviño. Cedeira..

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5829