Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/99-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

Situación: Pantín-Xavariz. Valdoviño.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 804 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 29 da liña Valdoviño-Ventosa e remate no C.T. Pantín Xavariz.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 V, en Pantín-Xavariz, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor R.Z. en seccións de 95, 50 y 25 mm Al e 996 m de lonxitude. Valdoviño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5828