Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 19726).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: modificado 2 ó proxecto denominado liña de media tensión Lañas-Barrañán, consistente en liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metalicos e de formigón e conductor LA-56, de 2.632 m de lonxitude, con orixe no lugar de Lañas e remate en C.T. Barrañán. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 24 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5832