Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/98-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: R.B.T. dos CC.TT.

Situación: Ramallal e Esfarrapa. Culleredo.

Características técnicas: liñas eléctricas de baixa tensión, a 380 e 220 V, sobre apoios formigón e grampada sobre fachadas edificios, con conductor R.Z. en seccións de 95, 50 e 25 mm Al, de 2.595 m de lonxitude, que parten dos CC.TT. de Ramallal e Esfarrapa (expedientes 22234 e 6804, respectivamente) e discorrendo polos lugares de Ramallal, Cabana e Murgullón. Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5834