Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información publica a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 1/1995 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente ó C.T. do polígono ata as parcelas 2 e 3 do polígono industrial, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía ás parcelas 2 e 3.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 120 m de lonxitude, con conductores LA-30.

Orzamento: 532.336 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5831