Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 6.998

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (sede central).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Círculo Mercantil e Industrial de Vigo (sede central), da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 18-11-1994. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980 de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de mayo, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo da empresa Circulo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo e os seus traballadores da sede central para os anos 1994 e 1995

I. Condicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio rexerá na empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo e os seus traballadores, regulando as relacións entre ámbalas partes. En todo o non disposto neste convenio rexerá o previsto na ordenanza laboral para a industria de hostelería, aprobada por orde ministerial do 28-2-1974 e no Estatuto dos traballadores, do 14-3-1980.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data de publicación do presente convenio no B.O.P, os seus efectos económicos contaranse a partir do primeiro de xaneiro de 1994 e a súa duración será de dous anos, ata o 31 de decembro de 1995.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes, ante a delegación de traballo, dentro dun prazo non inferior a un mes do seu vencemento.

Artigo 3º.-Revisión salarial.

Non se prevé revisión salarial para o ano 1994. Para o ano 1995 acórdase que, se o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística chega a superar o 31 de decembro do dito ano o 3,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre o índice antes mencionado, exclusivamente sobre os conceptos de salario-base e antigüidade.

Esta revisión aplicaríase con efectos de primeiro de xaneiro de 1995 aboándose, se procede, a partir do momento en que se constate oficialmente.

II. Condicións económicas.

Artigo 4º.-Salarios.

Na táboa salarial anexa especifícanse os salarios base correspondentes a cada categoría profesional,

aumentados nun 3% sobre os vixentes no anterior convenio, e que os traballadores percibirán durante o ano 1994. Sobre o complento de utensilios e roupa aplicarase tamén o 3% de aumento para tódolos traballadores que o perciban.

Durante o ano 1995 os traballadores percibirán sobre os salarios base e a antigüidade exclusivamente un incremento do 3,5% equivalente á previsión do IPC, garantindo en todo caso a empesa o aboamento do IPC real do ano, polo que, se houber diferencia, en máis ou en menos, aplicaríase a súa regularización tan pronto se coñecese o IPC definitivo de 1995.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Na táboa salarial anexa figuran os salarios-base sobre os que se calculará a antigüidade correspondente. A dita antigüidade contarase a partir do ingreso na empresa, sen que o cambio de categoría supoña perda da adquirida, establecéndose as seguintes porcentaxes segundo esta escala:

1. Un 5% ó cumpri-los tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 12% ó cumpri-los seis anos.

3. Un 22% ó cumpri-los nove anos.

4. Un 25% ó cumpri-los doce anos.

5. Un 40% ó cumpri-los dezaseis anos.

6. Un 55% ó cumpri-los vinteún anos.

7. Un 60% ó cumpri-los vintecinco anos, como tope máximo.

Artigo 6º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal que preste os seus servicios na empresa terá dereito a percibir, ademais das gratificacións do 25 de xullo e Nadal, unha paga extraordinaria o 31 de xaneiro e outra o 15 de outubro de cada ano, sen distinción de categoría nin actividade.

As referidas gratificacións aboaranse sobre unha mensualidade de salario real, cada unha delas, entendéndose polo mesmo o salario base máis tódolos complementos retributivos que normalmente veñen percibindo os traballadores, ben entendido que no dito cómputo non entran os pluses de puntualidade nin asistencia nin o de transporte.

Artigo 7º.-Plus de transporte.

Establécese con carácter xeral para todo o persoal un plus de transporte equivalente ó importe do billete de autobús urbano, en ida e volta, por cada asistencia ó centro de traballo dentro do mesmo día.

Artigo 8º.-Plus de puntualidade e asistencia.

Todo traballador da empresa percibirá un plus de puntualidade e asistencia de 4.716 pesetas mensuais, a razón de 188 pesetas por día traballado, para o nivel de salario base mensual das categorías de limpadoras, axudantes de camareiro e botóns de 18 anos, e proporcional nas demais categorías. O que supón a aplicación dun coeficiente do 5,13% sobre os salarios base de cada categoría por este concepto.

As faltas que se aplicarán con respecto a este plus son as seguintes:

a) A primeira falta de asistencia supoñerá a perda do 50% do total mensual do plus e a seguinte falta significará a súa perda total.

b) Unha falta de picada de reloxo equivalerá a unha falta de asistencia.

c) Tres faltas de puntualidade equivalen a unha falta de asistencia.

d) Non se computarán como faltas, para os efectos deste artigo, a non asistencia ó traballo por cumprimento de deberes sindicais e outras de ineludible obriga legal.

A prestación de servicios por necesidades de traballo fóra da empresa non será considerada como falta de puntualidade ou asistencia. Tampouco serán consideradas faltas de asistencia os permisos debidamente autorizados pola empresa, ou as licencias a que oficialmente teña dereito o traballador, ben entendido que os días non traballados por estas causas serán descontados proporcionalmente do total mensual do plus.

Artigo 9º.-Bolsa de vacacións.

Todo o persoal que preste os seus servicios na empresa terá dereito a percibir unha bolsa de vacacións valorada en 8.761 pesetas, que se fará efectiva xunto coa paga extraordinaria do mes de xullo.

Artigo 10º.-Compensacións graciables.

Toda compensación graciable ou por utensilios e roupa, establecida a partir do 31 de decembro de 1984, poderá ser absorbida única e exclusivamente polo complemento de antigüidade. As anteriores á dita data son inalterables por este concepto.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias tódalas que excedan da xornada laboral legalmente establecida. A iniciativa para traballar horas extraordinarias corresponderá á empresa e a libre aceptación ó traballador.

O cálculo do importe da hora extra farase conforme o seguinte módulo:

Para as comprendidas entre as 8 da mañá e as 24 horas, multiplicarase o salario base de cada categoría profesional polo coeficiente 1,56%, sendo o resultado o importe de cada hora extra.

Para as comprendidas entre as 24 horas e as 8 da mañá, multiplicarase o salario base polo coeficiente 1,90%, sendo o resultado o importe de cada hora extra nocturna.

O máximo de horas extradordinarias non será superior ó establecido polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Axuda escolar.

Establécese un plus de axuda escolar que percibirán tódolos traballadores da empresa sen distinción de

actividade nin categoría, para todos aqueles que teñan fillos en idade escolar, distribuído do seguinte xeito:

a) Por cada fillo en nivel preescolar, 7.226 pesetas anuais.

b) Por cada fillo en nivel de EXB, 11.055 pesetas anuais.

c) Por cada fillo en nivel BUP, FP, COU e similares, 22.050 pesetas anuais.

d) Por cada fillo que curse os seus estudios en universidades ou colexios universitarios, 37.630 pesetas anuais.

Estes importes serán aboados pola empresa no mes de setembro de cada ano ou cando os traballadores acrediten debidamente as matriculacións dos seus fillos.

Artigo 13º.-Servicio militar.

Ó persoal que leve un mínimo de dous anos ó servicio da empresa, esta aboaralle, ó incorporarse ó servicio militar ou no seu transcurso, o importe das pagas extraordinarias completas de xullo e Nadal.

Artigo 14º.-Premio de xubilación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, e que teña máis de cinco anos de vinculación coa empresa, esta aboaralle o equivalente a dúas mensualidades de salario real e, se levase máis de dez anos, aboaralle un total de catro mensualidades. A tódolos que leven máis de quince anos aboaráselles un total de seis mensualidades.

Este premio percibirao o cónxuxe, se o traballador falecese antes de xubilarse e cumprise os 55 anos, ou se levase máis de dez anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento da súa morte. No seu defecto, percibirán este premio os orfos menores de 18 anos, ou de máis idade se estivesen incapacitados para o traballo.

III. Condicións de traballo.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa desfrutarán dun período anual de vacacións consistente en trinta días naturais, que poderán ser desfrutadas en unha ou dúas fases de desigual duración. As vacacións poderanse comezar ou continuar despois do día de descanso.

As vacacións desfrutaranse dentro do ano natural e durante o período establecido pola empresa, segundo cadro que se exporá polo menos con dous meses de anticipación (artigo 38.3º do E.T.).

O desfrute das vacacións farase de forma rotativa, de tal modo que o primeiro en elixir este ano sexa o último ó ano seguinte, pasando o segundo a ser primeiro e así sucesivamente, todo isto dentro das diversas seccións que compoñen a empresa.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre a empresa e os traballadores, acu

mulárense ás vacacións anuais ou seren desfrutadas en período distinto continuado.

Artigo 16º.-Licencias.

A empresa concederá as seguintes licencias retribuídas:

a) Por casamento do traballador, quince días. Por casamento de pais, fillos, irmáns e tíos, directos ou políticos, un día se ten lugar na mesma provincia e tres días se se celebra noutra distinta.

b) Por parto da esposa, cinco días, se reside na mesma localidade do centro de traballo, e sete días se reside en localidade diferente.

c) Por falececemnto do cónxuxe, pais ou fillos concederanse cinco días, que se ampliarán a nove cando teña lugar fóra da rexión e o productor se desprace ó lugar do óbito.

Na continxencia de enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos, oito días. Se fose necesario o internamento de calquera deles fóra da provincia, a licencia estenderase polo tempo necesario, establecéndose como tope máximo trinta días.

Por falecemento ou enfermidade grave de irmáns, avós ou pais políticos, dous días dentro da provincia e cinco días fóra dela, sempre e cando o traballador efectúe o desprazamento.

d) Por falecemento de irmáns políticos, avós políticos, sobriños, tíos e primos directos:

1. Un día se falece dentro da provincia.

2. Dous días se falece fóra da provincia e dentro da rexión.

3. Tres días se acontece a máis de 500 km de distancia e o traballador se despraza ó lugar de falecemento.

e) Por traslado de domicilio, dous días.

f) Os traballadores terán dereito a licencia non retribuída de tres días naturais ó ano por necesidades de atender asuntos persoais.

O traballador poderá desconta-los ditos días do seu período vacacional, ben entendido que nin nun caso nin no outro se poderá prexudica-lo funcionamento do traballo encomendado ó productor na empresa.

Os casos particulares serán estudiados pola dirección, segundo mellor proceda.

Artigo 17º.-Baixas por enfermidade.

Durante o tempo que o traballador estea dado de baixa, ben por accidente, sexa ou non laboral, ou por enfermidade común ou profesional, e sempre que levase na empresa un mínimo de seis meses, esta quedará obrigada a satisfacerlle, durante un período máximo de doce meses, o complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, alcance o cento por cento do salario real, entendéndose por este o salario base máis tódolos complementos retributivos, excepción feita dos pluses de transporte e puntualidade e asistencia.

Co fin de evitar no posible o absentismo laboral, os primeiros quince días de baixa por enfermidade común ou profesional, así como a producida por accidente, sexa ou non laboral, só se percibirán de acordo co establecido na ordenanza laboral para a industria de hostelería, ou por calquera disposición de categoría superior, exceptuándose cando a baixa sexa por internamento ou hospitalización, que se aboará ó cento por cento desde o primeiro día.

Artigo 18º.-Excedencias.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo que leve dous anos ó servicio da empresa terá dereito a pasar á situación de excedencia voluntaria por un período non inferior a un mes nin superior a cinco anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite polo menos con un mes de anticipación á data de terminación da excedencia voluntaria, non podendo volver á situación de excedencia ata transcorridos catro anos desde a terminación da anterior, continuando no momento da reincorporación coa mesma antigüidade que tiña cando pasou á situación de excedencia. A obriga da empresa de reincorpora-los excedentes queda suxeita a que exista vacante.

Artigo 19º.-Promoción profesional.

Co obxecto de lles dar suficiente mobilidade e estímulo ás escalas profesionais, os botóns e os auxiliares administrativos que leven dez anos de servicio no emprego, ascenderán automaticamente á categoría profesional inmediata superior. Todo isto coa obriga de realizaren indistintamente calquera dos traballos correspondentes a unha ou outra categoría, entendéndose o ascenso só como un estímulo á súa dedicación á empresa.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará cunha compañía que se determinará de mutuo acordo un seguro de accidentes durante as 24 horas do día, coas seguintes indemnizacións:

Falecemento por accidente, un millón de pesetas.

Invalidez por accidente, dous millóns de pesetas.

Estas indemnizacións son para tódolos traballadores da empresa, sen distinción de categorías. As mencionadas indemnizacións percibiranas os lexítimos herdeiros do traballador, ou el mesmo en caso de invalidez.

Artigo 21º.-Revisión médica.

Tódolos traballadoress afectados polo presente convenio terán dereito a unha revisión médica anual con cargo á empresa, na data que esta determine. Os informes médicos que xeren serán de carácter privado, exceptuándose os casos que os profesionais médicos consideren pertinente facer públicos.

IV. Interpretacións.

Artigo 22º.-Condicións máis beneficiosas.

A tódolos traballadores respectaránselles, como condicións máis beneficiosas, as cantidades que estivesen a percibir cando sexan superiores ás que resulten por aplicación do presente convenio colectivo.

Exclúense do dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes ós conceptos de plus de transporte, plus de puntualidade e asistencia e axuda escolar, utensilios e roupa e antigüidade, concepto estes que, ó non entraren no cómputo anual, se percibirán con independencia do resultado deste.

Artigo 23º.-Disposicións adicionais.

Cando a contía do salario mínimo interprofesional fose modificada mediante disposición de carácter superior, o salario mínimo resultante servirá de base apreciativa para mante-las diferencias producidas en toda a gamma da escala vixente, sen que constitúa unha revisión, senón só adecuación ó novo salario mínimo resultante.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

Créase a comisión paritaria do presente convenio colectivo, que estará formada por tantos vocais titulares representantes dos traballadores e da empresa como vocais estean nomeados para a súa negociación, recaendo o nomeamento destes nos membros da comisión negociadora.

Esta comisión reunirase, a requirimento de calquera das partes asinantes, nun prazo máximo de 72 horas. O cometido da mencionada comisión será o de vixilancia e interpretación do presente convenio.

Artigo 25º.-Mesa negociadora.

Co fin de cumprir debidamente o establecido no Estatuto dos traballadores, artigo 85 alínea a), faise constar neste último artigo do presente convenio colectivo a composición da mesa negociadora, que foi a seguinte:

En representación da empresa:

Emiliano Pérez Varela, vicepresidente 1º da Xunta Directiva

Modesto González da Vila, vocal da Xunta Directiva

Saturnino Paniagua González, vocal da Xunta Directiva

Enrique Blanco Fernández, director-xerente

En representación dos traballadores:

Alfonso Posada González, delegado de persoal

Alberto Fernández Maquieira, oficial 1ª administrativo

Pilar Forno Ríos, telefonista

Actuou como secretario Enrique Blanco Fernández, director-xerente.

Táboa de salarios-base

Vixente para todo o persoal da empresa

Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo

Sede central de Príncipe, de acordo co

artigo 4º do presente convenio colectivo

CategoríasSalarios base 1994Salarios base 1995

Persoal de administración:
Xefe de primeira131.124135.713
Xefe de segunda118.007122.137
Bibliotecario117.029121.125
Oficial primeira117.029121.125
Oficial segunda105.379109.067
Auxiliar administrativo100.840104.369
Aspirante menor de 18 anos 62.889 65.090
Persoal subalterno:
Conserxe109.220113.043
Axudante de conserxe103.955107.593
Cobrador103.955107.593
Encargado de sala103.955107.593
Carpinteiro103.955107.593
Ordenanza-camareiro 97.699101.118
Porteiro-telefonista 97.699101.118
Vixilante-xardineiro 97.699101.118
Axudante de camareiro-botóns 91.938 95.156
Botóns menor de 18 anos 55.028 56.954
Limpadora 91.938 95.156
Limpadora media xornada 45.969 47.578

95-5124