Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 6.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4275 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo

Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, atorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Romariz. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. de Altide e rematará no proxectado C.T. de Romariz, cunha lonxitude de 85 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Feás. A liña entroncará na L.M.T. Vilalba-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Feás, cunha lonxitude de 186 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Dosión. A liña entroncará na L.M.T. Vilalba-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Donsión, cunha lonxitude de 56 metros.

Liña media tensión derivación ó C.T. de Vilar. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. de Revolta e rematará no proxectado C.T. de Vilar, cunha lonxitude de 656 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Revolta. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. de Cima de Vila e rematará no proxectado C.T. da Cegoñeira, cunha lonxitude de 80 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Purrás. A liña entroncará na L.M.T. Cospeito-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Purrás, cunha lonxitude de 10 metros.

As liñas estarán executadas en conductor LA-56, sobre apoios de formigón e unha tensión de 20 kV.

Instalaranse sete centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA, sobre apoios metálicos, cunha relación de 20.000/380-220 V.

Redes de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para dar servicio eléctrico á parroquia de Damil, no concello de Begonte.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 13 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05826