Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 6.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro 1995 pola que se resolve provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1995-96 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

A Orde do 27 de marzo de 1995 (DOG do 29 de maio) establece o regulamento para a concesión de axudas económicas para o curso 1995-96 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Avaliadas polas correspondentes comisións as solicitudes presentadas cómpre proceder a resolver provisionalmente a devandita convocatoria e á vista da proposta formulada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1995-96, concedendo as que se indican no anexo da presente orde.

Segundo.-Segundo o establecido no punto décimo cuarto da Orde do 27 de marzo de 1995, os titulares dos centros que figuran no anexo desta orde remitirán ó Servicio de Inspección, entre o 15 e o 30 de setembro de 1995, certificación do número de alumnos definitivamente matriculados en cada unha das unidades subvencionadas. O Servicio de Inspección, feitas as oportunas comprobacións, remitirá, antes do 10 de outubro de 1995 e xunto co seu informe, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros a devandita certificación.

Terceiro.-Á vista das certificacións e dos informes sinalados no punto anterior, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros formularalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-05450