Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 6.996

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/34-1).

Visto o expedientes incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterranea a 15/20 e C.T. de 400 kVA.

Situación: Río Quintas, A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterranea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor V.H.R. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 260 m de lonxitude, con orixe na liña denominada a C.T. Pasaxe (expediente 19383) e remate en C.T. que se vai construír denominado Río de Quintas.

Dentro de transformación, tipo interior, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. A Coruña

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05820