Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema do concurso aberto, para a contratación dos servicios técnicos de prospección de novos bancos marisqueiros na plataforma exterior das Rías Baixas galegas.

Obxecto: servicios técnicos de prospección de novos bancos marisqueiros na plataforma exterior das Rías Baixas galegas.

Orzamento da contrata: catro millóns oitocentas mil pesetas (4.800.000 ptas.).

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 192.000 ptas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán a disposición dos interesados, nos días e horas hábiles na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións presentnaránse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. N caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitiráselle un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura das propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas ho sexto día hábil, contado a partir do seguinte ó remate do prazo de presentación de propostas. Se

ese día coincidise en sábado, a mesa reuniráse o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

95-6012