Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995, pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-la subministración de diverso material (oficina, informático, de laboratorios...) para equipamento docente de laboratorios (expediente número 035/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: diverso material (oficina, informático, de laboratorios...) para equipamento docente de laboratorios (expediente nº 035/1995).

Orzamento de licictación: 175.995.851 ptas IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concorra.

Definitiva: 4% do importe de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de lus a venres e das 9 ás 13 horas os sábados.

Data de envío ó DOCE: 1 de setembro de 1995.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas rematará o día 23 de outubro de 1995 ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de Xuntas do Rectorado, rúa Oporto, 1-Vigo (Pontevedra) ás once horas do día 25 de outubro de 1995.

Acreditación da capacidade de obrar e das codicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un o varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras, ou se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Se se trata de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances, se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subinistrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, e incorporanse os correspondentes certificados destes.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens para subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da/s empresa/s adxudicatarias.

Vigo, 31 de agosto de 1995.

R.R. (13/3/1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.