Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN de 4 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de ampliación de concesión administrativa para a subministración de gas propano comercial no termo municipal de Ferrol.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, de 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gaseosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo na praza da Palloza, 3-2º, 15006 A Coruña.

Obxecto da petición: ampliación do ámbito territorial das concesións administrativas outorgadas por Repsol Butano, S.A. polo Ministerio de Industria (Orde do 26-10-1974) e pola Consellería de Industria, Enerxía e Comercio (Orde do 18-4-1983), para a prestación do servicio público de subministración de gas propano canalizado nas zonas limítrofes dos polígonos de Caranza e Esteiro, no termo municipal de Ferrol.

Instalacións básicas: ampliación de estación de G.L.P. mediante a instalación dun depósito de 50 Tm de capacidade. Rede de distribución.

Orzamento: cento noventa millóns de pesetas (190.000.000 de ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren perxudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-05957