Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4346 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación en Granda e Torre (parroquia de Ribeiras de Lea), no concello de Castro do Rei.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, en Granda e Torre de 1.699 e 255 metros, en conductores LA-56, de 54,6 mm de sección, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, segundo Ru-6703B. Dous centros de transformación de 50 kVA, cada un en Granda e Torre, tipo intemperie, sobre apoios metálicos, cunha relación de 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductores R.Z.-2x25 Al ou 4x25 Al, cunha lonxitude de 1.200 metros a de Torre e 650 metros a de Granda, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Granda e Torre (parroquia de Ribeiras de Lea), no concello de Castro do Rei.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 15.079.914 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5971