Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4348 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa). R/Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó C.T. particular do parador nacional de Ribadeo.

Orixe da liña: C.T. estrada do cemiterio.

Final: no centro de seccionamento a instalar.

Situación do transformador: C.T. do parador.

Características: reformado do C.T. do parador de Ribadeo, con cabinas de M.T. tipo G.G.M-24 de 24 kV, baixo envolvente metálica, illamento e corte en SF6, sito na Avda. de Asturias.

Orzamento: 874.100 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 11 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5448