Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4338 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Finalidade: traslado centro de transformación en caseta de Muimenta, para dar servicio eléctrico a varios veciños da zona.

Orixe da liña: L.M.T. de alimentación ó C.T de Muimenta.

Final: C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: Muimenta.

Características: centro de transformación de 2x400 kVA 20.000 ± 5%/398-230 V e 230-127, para dar servicio eléctrico a varios veciños da zona de Muimenta, no concello de Cospeito.

Orzamento: 3.845.520 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas,

nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 11 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5453