Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4347 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica

que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación de Paradanova-A Fonsagrada.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica en Paradanova.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 493 metros de lonxitude, con conductor LA-56, de 55 mm de sección, sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704A. Centro de transformación de 50 kVA-20.000/380-220 V, instalado sobre unha torre metálica ó remate da L.M.T.-Paradanova. Redes de baixa tensión en conductores R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Paradanova, no concello da Fonsagrada.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 6.200.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5449