Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se lle dá publicidade á dictada polo titular desta consellería que adxudica a contratación da subministración para adquisición e instalación dun sistema de acceso a datos para usuarios finais, Software, da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do día 7 de xullo de 1995, convocouse concurso público para a contratación da subministración e instalación dun sistema de acceso a datos para usuarios finais, Software, da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Infomáticos.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación, constituída para tal fin, o titular desta consellería,

RESOLVE:

Adxudica-la citada contratación á empresa LEINSA-Lenguajes y Servicios Informáticos, por importe de 8.000.000 de pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-5452