Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (135/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no procedemento abreviado número 135/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva que copiados literalmente din como segue: «No procedemento abreviado, número 135/1995, dimanante do procedemento abreviado número 59/1994, instruído polo Xulgado de Instrucción de Negreira, polo delicto contra a seguridade do tráfico, contra o acusado Antonio Conde Pereiro, nacido o 14 de decembro de 1966, fillo de Manuel e de Hermosinda, natural e veciño de Mazaricos, con domicilio en Cabanude-Arcos, e sen antecedentes penais, cunha solvencia que non consta e en liberdade provisional por esta causa, defendido polo letrado Expósito Paradela e representado pola procuradora Sánchez Silva, sendo parte o Ministerio Fiscal.»... E decido: «Que debo condenar e condeno a Antonio Conde Pereiro como autor dun delicto contra a

seguridade do tráfico á pena de cen mil pesetas de multa, con arresto substitutorio de 16 días en caso de que non pague, e con privación do permiso de conducir por tempo de catro meses, e custas».

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndoas de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme, informarase ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentencia, da que se xuntará certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación ó condenado Antonio Conde Pereito, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintesete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5950