Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.973

V.7. a) Muflón macho de 2 anos120.000 ptas./unidade

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Vapores de Pasaje, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Vapores de Pasaje, S.A., situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-7-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, en data 16-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En Vigo a once de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para o persoal da empresa Vapores de Pasaje, S.A.

Susbcriben dunha parte a representación legal da empresa Vapores de Pasaje, S.A. e doutra parte os delegados de persoal.

Título primeiro

Condicións preliminares e xerais de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de aplicación á empresa Vapores de Pasaje, S. A., ó seu persoal de frota e terra.

Artigo 2º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos este convenio constitúe unha unidade indivisible e non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas cláusulas, desbotando o resto, senón que sempre terá que ser observado e aplicado na súa totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral, facendo uso das súas facultades, non dese a súa aprobación

a algúns dos pactos do presente convenio, este quedaría sen efecto e deberá procederase á reconsideración do articulado.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade a este convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas do que se establezan deberá conservalas.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de abril de 1995 e a súa duración será de un ano, prorrogándose tacitamente se non é denunciado con un mes de antelación o 31 de marzo de 1996.

Aínda vencida a vixencia do convenio ou denunciado este, o seu contido normativo manterase en vigor en tanto non se asine un novo convenio.

Artigo 5º.-Cláusula de compensación e absorción.

O conxunto de condicións salariais pactadas neste convenio absorberá e compensará en cómputo anual calquera mellora parcial que, por disposición legal de carácter xeral ou específica para o sector pactada ou por calquera orixe que fose no futuro, puidese establecerse.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, a publicación e entrada en vigor de calquera disposición de carácter xeral ou específico para o sector que mellore calquera dos temas pactados non salariais será de aplicación no seu contido e regulación sobre o establecido no presente convenio.

Artigo 6º.-Concorrencia de normas.

En todo o non recollido no presente convenio rexerá a lexislación aplicable ó sector. No caso de contradicción entre dúas ou máis normas prevalecerá a de maior rango normativo.

Título segundo

Réxime económico

Artigo 7º.-Antigüidade.

A antigüidade será a que vén sinalada na táboa salarial anexa a este convenio. O valor recollido nas táboas vén referido a trienio vencido.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordianrias.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir en concepto de gratificación extarordinaria dúas pagas que se farán efectivas, a primeira antes do día 30 do mes de xuño e a segunda con anterioridade ó día 30 do mes de decembro.

A cantidade a percibir en función da categoría profesional será a sinalada no anexo I.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

O valor da hora extraordinaria será o que vén indicado no anexo II do presente convenio.

Artigo 10º.-Plus de transporte e plus de embarque.

O plus de transporte e plus de embarque están recollidos nas táboas salariais do anexo I. O plus de embarque percibirase incluso na vacacións e pagas extras.

O plus de transporte percibirase tal como se viña facendo ata a sinatura do presente convenio.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

Como consecuencia da posta en circulación de moedas substituíndo o papel, este concepto incrementarase ata o valor 1.415 mensuais.

Con independencia do disposto no parágrafo anterior, establécese un quebranto de meoeda para os vendedores do depacho de billetes ás illas Cíes de 5000 pesetas/mes na tempada de verán.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

Se os traballadores tivesen que realizar comidas ou ceas por orde de servicio ou pernoctar fóra do seu domicilio percibirán as seguintes axudas de custo.

Comida1.500 pesetas

Cea1.500 pesetas

Aloxamento4.596 pesetas

O aloxamento correrá a cargo da empresa logo da presentación de factura.

Estas cantidade aboaranse o día seguinte ó da orixe dalgunha das circunstancias arriba indicadas. No caso de que se orixinasen gastos maiores de contía razoables aboaranse logo da xustificación das facturas. En todo caso para as cantidades arriba indicadas non será necesaria a presentación de ningunha factura.

Artigo 13º.-Baixa médica. (ILT).

A empresa comprométese a suplementa-las cantidades aboadas pola Seguridade Social, durante o período de baixa médica por accidente de traballo ou enfermidade profesional de forma que o traballador perciba o 100% do seu salario en activo.

Se por enfermidade común tivese lugar a hospitalización, a empresa complementará as prestacións de Seguridade Social ata o 100% do salario real mentres dure a situación de hospitalización.

Título terceiro

Cuestións laborais e sociais

Capítulo primeiro

Xornada, vacacións e outras normas

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada laboral en aplicación do Real decreto 2001/1983 será de 40 horas semanais de presencia efectiva no posto de traballo. A xornada normal diaria non será en ningún caso inferior ás 8 horas nin superior ó estipulado na Lei 8/1980, en canto a xornada máxima ordinaria, artigo 34 do Estatuto dos traballadores.

En calquera caso respéctanse os dous descansos de dez minutos por quenda de traballo, así como os dous días de descanso semanais, un deles obrigatoriamente en sábado ou domingo.

Artigo 15º.-Xornada de traballo realizada en sábados e domingos.

Na xornada de traballo realizada en sábados e domingos aboarase un plus consistente en 177 pesetas

por hora traballada. Este plus aboarase sobre o salario e horas extras, se é o caso, sen que anule ningún destes conceptos. A xornada realizada en domingo entre as 6 horas e as 8 horas estará exenta de plus. Non obstante, se o buque se fixese ó mar durante as horas antes mencionadas, a exención anterior quedará sen efecto.

Artigo 16º.-Traballos en terra.

Cando se produzan vacantes nos postos de terra daráselles preferencia para ocupar estes ós traballadores que proveñan do persoal embarcado na empresa, sempre que teñan a cualificación adecuada.

Artigo 17º.-Traballos en varadoiro.

As quendas encargadas de realiza-los traballos en varadoiro sen que iso menoscabe a postestade exclusiva de organización da dirección da empresa, elixiranse de forma que non se prexudique ó resto dos traballadores no reparto de horas extraordinarias, e establécense unhas xornadas iguais para tódolos compoñentes das citadas quendas, agás casos excepcionais de inaprazable urxencia e necesidade.

Artigo 18º.-Traballos diferentes ós dos seus cargos.

A ningún tripulante se lle ordenará a realización dos traballos diferentes á súa categoría profesional, agás naqueles casos en que a xuízo do capitán ou patrón sexa necesaria a súa realización para garanti-la seguridade da navegación ou a salvación do buque.

Artigo 19º.-Traballos de categoría superior.

A realización de traballos de categoría superior dá dereito ó soldo e demais condicións de traballo do persoal da dita categoría.

A realización destes traballos durante un período de 90 días consecutivos ou de 100 días de forma descontinua, no prazo de 2 anos, suporá para o tripulante a consolidación na categoría superior e en tódalas súas condicións de traballo.

Caso de que en futuros embarques non existise posto similar ó xa consolidado ocupará o seu posto primitivo pero coas condicións económicas da categoría superior xa consolidada.

Artigo 20º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 35 días naturais, para todo o persoal da empresa.

Terase dereito á percepción dunha bolsa de vacacións a contía desta será a que se marca nas táboas salariais anexas.

Na confección do calendario de vacacións participarán a empresa e a representación dos traballadores co fin de que exista un reparto equitativo.

O calendario de vacacións farase público con dous meses de anterioridade ó desfrute das vacacións.

Artigo 21º.-Licencias.

O traballador, avisándoo con antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá ausentarse do traballo

con dereito a remuneración polos motivos e durante o tempo que a continuación se expón:

Matrimonio20 días.

Nacemento de fillos15 días.

Enfermidade grave, pai, nai, esposa e fillos10 días.

Morte do cónxuxe e fillos15 días.

Morte de pais, mesmo políticos15 días.

Morte de irmáns10 días.

Cambio de domicilio3 días.

En caso de urxencia poderá presenta-lo xustificante no prazo de 48 horas despois de regresar ó posto de traballo.

Artigo 22º.-Permutas.

Cando os tripulantes soliciten a permuta dos seus postos de traballo, xuntarán á solicitude un prego razoado das causas que motiven tal petición. A empresa, se iso é posible, accederá ó solicitado.

Artigo 23º.-Traslados.

Polo que respecta ós traslados e comisións de servicio que impliquen unha estadía prolongada fóra do porto no que a empresa preste os seus servicios regulares, esta de común acordo cos seus traballadores, establecerá un sistema de tempos máximos, rotatividade e compensacións que prexudiquen o menos posible os traballadores, sen que iso implique conculcación do principio de organización de empresas; a titularidade destas corresponde ó empresario.

Artigo 24.-Excedencias.

Tódolos tripulantes terán dereito a que lle sexa concedida a excedencia nos seguintes supostos:

a) Todo traballador con máis de un ano de antigüidade na empresa poderá solicitar unha excedencia por un prazo non inferior a 6 meses nin superior a 5 anos, e por unha soa vez, con excepción das peticións de carácter político e sindical.

b) Calquera traballador que sexa elixido para algún cargo de carácter político ou sindical terá dereito a desfrutar da excedencia en tanto dure a función que lle impida a súa incorporación ó traballo. Neste caso, o tempo de excedencia será computado para efectos de antigüidade e a empresa estará obirgada a reintegralo no posto de traballo na primeira vacante que se produza, ou noutro inferior á súa categoría se é aceptado polo traballador e respectando en todo caso, o salario que lle correspondería de ocupa-lo seu antigo posto.

Así mesmo o traballdor poderá solicitar licencia para atender asuntos persoais que non teñan demora, por un período de 6 meses. Estas licencias non terán dereito a retribución de ningunha clase.

Artigo 25º.-Período de proba.

O período de proba que se concederá sempre por escrito non poderá ser superior a:

Titulados1 mes.

Non titulados15 días.

Durante o período de proba ámbalas dúas partes poden rescindir unilateralmente o contrato de traballo, comunicándoo por escrito á outra parte cunha antelación mínima de 8 días.

Artigo 26º.-Promoción e formación profesional no traballo.

O traballador terá dereito:

1. Desfrute dos permisos necesarios para acudir ós exames, así como unha preferencia a elixir quenda de traballo se tal é o réxime instaurado na empresa, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico profesional.

2. A adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou á concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional, con reserva do posto de traballo unha soa vez. Esta situación non suporá prexuízo para o resto dos traballadores.

3. Unha vez que o traballador faga a debida solicitude e sempre e cando a necesidade do servicio e a empresa o considere conveniente, e non faga máis dun 5% do persoal fixo da empresa que veña desfrutando dese dereito, seralle concedida a oportuna autorización, non superando en ningún caso, o 3% de cada categoría.

4. Tódalas solicitudes de permiso atenderanse seguindo a orde de recepción das peticións e tendo en conta a antigüidade do peticionario, ata completa-lo tope establecido.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá os traballadores do vestiario necesario consistente en:

2 pantalóns

2 camisas

2 camisetas exteriores.

1 xersei ou cazadora.

1 par de botas ou zapatos de seguridade para máquinas.

3 pares de luvas de manobra.

1 muda de roupa de augas.

1 par de botas de augas.

Todo o vestiario será entregado anualmente antes da finalización do convenio, agás a roupa de augas e as botas, que se entregará cada dous anos.

Soamente en casos excepcionais e de acordo entre ámbalas dúas partes, establécese unha cantidade compensatoria por ano de 16.520 pesetas.

Artigo 28º.-Perda de equipaxe.

No caso de perda de equipaxe da dotación do buque, por naufraxio, incendio ou calquera outra causa non imputable ó prexudicado e que supoña perda total, a empresa aboará como compensación a cantidade de 40.000 pesetas no porto interior e 95.000 pesetas nas saídas ó mar, para o ano.

Artigo 29º.-Seguro de vida, accidentes.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de vida e accidente para os tralladores, coas seguintes condicións:

a) Causa de morte por accidente laboral2.000.000 de pesetas.

b) Caso de invalidez permanente2.500.000 pesetas.

Artigo 30º.-Servicio militar.

Os traballadores terán dereito a que se lles compute o tempo en que se atopen en servicio militar para efectos de antigüidade, así como a súa reincorporación inmediata unha vez finalizado este.

Artigo 31º.-Creación de emprego.

Polo presente artigo a empresa comprométese a que cada traballador fixo que abandone a empresa por xubilación, despedimentos procedentes ou improcedentes ou a súa propia vontade, para cubri-la dita vacante, será substituído por outro traballador da empresa, e terá preferencia dentro de cada categoría o que teña maior antigüidade.

Capítulo segundo.

Comisión paritaria. Comité de seguridade e hixiene.

Artigo 32º.-Cláusula de interpretación. Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do presente convenio colectivo crearase unha comisión de seis membros, dos cales tres serán designados pola representación da empresa e os outros tres en representación dos traballadores.

As partes someterán cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen derivarse da interpretación ou aplicación do convenio, a esta comisión, que resolverá o que proceda no prazo máis curto posible, e deberá reunirse non máis tarde de 48 horas despois de cada requirimento polas partes.

Artigo 33º.-Seguridade e hixiene a bordo.

Co fin de declarar para que a normativa en canto a seguridade e hixiene no traballo, elaborada pola OIT e ratificada polo Estado español, sexa observada pola empresa formarase no seo desta un comité de vixilancia, segundo a normativa vixente e os compoñentes serán nomeados pola asemblea respecto ós representantes dos traballadores.

Este comité de vixilancia vixiará que tódolos traballos se realicen nas mellores condicións de seguridade e hixiene, redactada de común acordo co empresario a normativa a observar pola tripulación nesta materia.

Cando exista o risco grave de accidente de traballo, este comité poderá propor ó capitán, patrón ou persoa responsable a adopción das medidas para evitalo. Así mesmo, vixiarán naqueles casos que así proceda, todo o relativo ás cuestións de seguridade e hixiene, con capacidade de enviar proposta ó armador, co obxeto de consegui-lo mellor funcionamento.

Capítulo terceiro

Acción representativa e sindical

Artigo 34º.-Dereitos e funcións dos delegados de persoal.

a) Cando o delegado de persoal actúe en representación dos traballadores considerarase que se atopa en comisión de servicio e percibirá as axudas de custo establecidas e salario como se estivese traballando, para negociar convenios ou calquera outro motivo que afecte ós traballadores respecto á empresa.

b)Asegura-lo cumprimento das normas laborais e de seguridade e hixiene no traballo.

c) Exercerá o control sobre as horas extraordinarias solicitadas pola empresa, así como a distribución equitativa destas.

d)Vixiará que se cumpran os períodos de embarque e vacacións previstos na empresa.

e)Respecto á utilización e servicios da empresa, tales como fotocopiadora, máquina de escribir, teléfono, télex, fonía, etc, será de cargo da empresa sempre que a dita utilización afecte a intereses de ámbalas partes.

As que sexan meramente de carácter sindical serán a cargo dos traballadores.

f) Seren informados de cantas medidas afecten directamente ós traballadores, especialmente aquelas que puidesen adoptarse sobre:

-Restructuración e novos sistemas de traballo e incentivos.

-Novas construccións ou venda das actuais.

g)As medidas disciplinarias a impoñer pola empresa ou os seus representantes para calquera traballador, se se consideran moi graves, deberán ser postas en coñecemento dos delegados de persoal, os cales por escrito, deberán opinar dentro das 48 horas hábiles seguintes á comuncicación da empresa ós delegados.

h) A empresa facilitará información acerca da situación e marcha xeral desta.

i) Propoñer á empresa cantas medidas considere adecuadas en materia de organización da producción ou melloras técnicas.

Artigo 35º.-Exercicio do cargo.

A designación para un cargo sindical faculta o seu titular a exercelo libremente por toda a duración do seu mandato.

Artiog 36.-Facultades do cargo sindical.

a) Expresar con enteira liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da representación sindical.

b) Reunirse cos restantes membros da súa central sindical para deliberar sobre temas de actividade sindical.

c) Propoñe-las accións a que haxa lugar para a defensa dos seus dereitos ou do interese sindical dos seus representados.

d) Ser protexido contra calquera acto de usurpación, abuso ou inxerencia que afecte ó servicio libre das súas funcións.

e) Dispoñer das facultades precisas para interrompe-la súa actividade laboral cando as esixencias da súa representación sindical así llo impoñan e para comunicarse cos seus representantes e informalos sobre asuntos de interese sindical común.

Artigo 37º.-Reserva de horas para asuntos sindicais.

Os representantes sindicais disporán dunha reserva de horas de ata 25 horas mensuais, que poderán ser empregadas nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos e, en xeral, a calquera clase de reunións que fosen convocadas polo seu sindicato.

b) Participación en seminarios, cursos de actividades de carácter informativo organizados pola central sindical á que pertenzan.

c) Actos de xestión que deban realizar por encargo da central sindical á que pertenzan ou por razón das súas obrigas específicas.

Non se incluirá no cómputo das horas o tempo empregado en actuacións ou reunións levadas a cabo por iniciativa do empresario e participación en órganos de colaboración, convenios e outros de análoga natureza. De acordo co establecido na lexislación vixente poderase acumula-la reserva mensual de 25 horas nun só membro do comité de empresa.

Artigo 38º.-Dereito de asemblea.

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de reunión, logo do aviso á empresa con dous días de antelación, e acordarán con ela as medidas oportunas para que a dita reunión se produza de maneira que cause os menores prexuízos á empresa.

Artigo 39º.-Lugar de reunión.

A empresa dotará os seus traballadores dun lugar adecuado para exerce-lo seu dereito a reunións e asembleas, e poderá usar para o dito efecto os buques da empresa.

A empresa facilitará os medios adecuados para permitir desenvolve-las actividades sindicais que afecten ós traballadores na súa relación coa empresa.

Disposicións adicionais

Traballo en domingo.

Independentemente da hora de saída dos buques, os traballadores da quenda da mañá comezarán a xornada de traballo ás 6 horas. Os traballos para realizar serán os que o patrón considere oportunos en función das misións que a cada categoría profesional corresponda.

Traballo en semana.

Coa sinatura do presente convenio a parte social comprométese a te-los buques en condicións de operatividade á saída, sempre en condicións normais de traballo (non se inclúen avarías ou outra situación anómala). Considérase como extraordinaria a xornada realizada en festivos non recuperables.

Cobertura de imprevistos.

Se durante a xornada de descanso regulamentario dalgún traballador, este é chamado a cubrir algún imprevisto e este de forma voluntaria aceptase, aboaráselle da seguinte forma:

De 1 a 4 horas de traballo4 horas.

De 4 horas en dianteas que realicen.

Xiras nocturnas.

As xiras a realizar polos traballadores que realizasen a xornada laboral e que se efectuasen a partir das 23 horas aboaranse como 8 horas extras.

Cobertura de vacantes.

Sempre que reúnan as condicións necesarias para o traballo cubriranse as vacantes con familiares dos traballadores en activo na empresa.

Relevos.

Liña Cíes: os relevos efectuaranse en Vigo ás 13 ou 14 horas segundo quenda.

Liña regular: con carácter xeral estableceranse os relevos en Vigo ás 13.30 ou 14 horas dependendo da quenda. Sen embargo, con acordo dos afectados poderá realizarse en Cangas ou Moaña sempre e cando non se cause prexuízo á empresa.

Quendas de traballo e rotación.

A partir da sinatura do presente convenio a distribución das quendas de traballo e retén en porto será de forma mensual. A empresa fará unha distribución das quendas equitativa, especialmente as xornadas dos sábados e domingos, entre tódolos traballadores, ó tempo que entregará copia destes, así como as posibles modificacións que poida haber coa suficiente antelación ó comité de empresa.

As quendas de traballo serán rotativas, e realizarase unha xornada pola tarde e a seguinte pola mañá, e así sucesivamente, e tratará e empresa de realiza-las quendas de sábados e domingos o máis equitativamente posible.

Disposicións transitorias

Revisión salarial.

Se o incremento real do índice de prezos de consumo (IPC) o 31 de decembro de 1995 fose superior ó 4,5% efectuarase unha revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de abril de 1995 ó 31 de marzo de 1996, tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia polo INE, no exceso sobre o dito 4,5%.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS

Categoría

profesional

Soldo

base

TrienioPlus

embarque

Plus

Transporte

Patrón maior de cabotaxe141.1813.6743.3867.020
Patrón de cabotaxe128.1883.1522.9467.020
Patrón tráfico interior115.1952.6302.5067.020
Mecánico naval maior139.2163.5863.0407.020
Mecánico naval 1ª125.1993.0592.7737.020
Mecánico naval 2ª111.1822.5322.5067.020
Mariñeiro engraxador107.3252.3802.2527.020
Vendedor de billetes102.8962.3812.2527.020

Os conceptos salariais de vencemento mensual pagaranse nos 5 primeiros días e as pagas extras nas datas sinaladas no artigo 8º.

As pagas extraordinarias compóñense de soldo base máis plus de embarque e máis antigüidade.

ANEXO II

HORAS EXTRAORDINARIAS, BOLSAS DE VACACIÓNS

Categoría

profesional

Hora extraBolsa de vacacións

Patrón maior de cabotaxe93212.310
Patrón de cabotaxe93212.310
Patrón tráfico interior93212.310
Mecánico naval maior88712.310
Mecánico naval 1ª88712.310
Mecánico naval 2ª83412.310
Mariñeiro engraxador e vendedor de billetes83412.310

Tódalas cantidades dos anexos I e II, veñen referidas a ptas./mes, a excepción da bolsa de vacacións que se cobrarán unha soa vez no ano tal como ven estructurado no corpo do convenio.

A bolsa de vacacións aboarase antes do comezo destas.

En Vigo o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco, aproban e subscriben o texto que antecede.

Representación da empresa:

Gonzalo Freire Freire.

Alfredo del Río López.

Representación dos traballadores:

Alfonso Casas Pérez.

Carlos Álvarez Castro.

Fernando Álvarez Magdalena.

95-5908