Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.969

V.7. a) Muflón macho de 2 anos120.000 ptas./unidade

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Aguas de Fontenova, S.A. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aguas de Fontenova, S.A. (código nº 3200022) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial o día 28 de xuño do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados do persoal, en xuntanza colebrada o día 22 de xuño de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por R.D. 1/1995 do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 4 de xullo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado Provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa Agua de Fontenova, S.A. Verín (Ourense).

Disposicións xerais.

Artígo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións incluídas no presente convenio regularán desde a súa entrada en vigor, a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establezan entre a empresa Agua de Fontenova, S.A. e o seu persoal.

Artígo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado polo presente convenio o persoal da empresa incluído no artigo 1º, agás as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

A duración deste convenio será de 12 meses, comezando os seus efectos económicos o día 1º de xaneiro

de 1995 e rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 1995.

O convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano se non fose denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación polo menos, ó remate da súa vixencia, e permanecerá vixente o texto ata a sinatura dun novo.

As condicións de denuncia serán as que determina o artigo 89 da Lei 8/1980 do 10 de marzo.

O incremento de salarios para 1995 será dun 3,75% sobre o salario base, plus de carencia, incentivos e antigüidade.

No caso de que o IPC oficial de 1995, a 31 de decembro de 1995, fose superior ó 3,75% establecido como incremento salarial, revisaranse os salarios na súa diferencia e actualizaranse as táboas salariais de 1995, e aboaranlles ós operarios os atrasos correspondentes.

Artígo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde chegue o cómputo anual, con aquelas outras que puidesen establecerse por disposición legal ou que establecese a empresa, agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

-Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos/as vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Clasificación do persoal.

Artígo 6º.-Por disposicións legais obrigatorias e por necesidades das empresas, faise necesario crear e definir novas categorías:

-Técnico titulado de laboratorio: é o que, con título facultativo oficial, realiza as funciós de analista de control de calidade, con responsabilidade dependendo directamente da dirección da empresa.

-Laborante: é o productor experto en análises e traballo de laboratorio, que sen título facultativo leva a cabo as devanditas funcións ou como auxiliar do técnico titulado.

-Capataz: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas ás que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

Peón: é o operario que executa labores para as que se require predominantemente esforzo físico, sen necesidade de práctica operativa ningunha. Esta categoría só poderá aplicarse ó persoal contratado por tempada para carga e descarga, e non ingresado como fixo de cadro de persoal, como operario de embotellamento.

Xornada de traballo e vacacións.

Artigo 7º.-A xornada de traballo establécese en trinta e nove horas semanais de luns a venres.

A xornada de traballo máxima legal para 1995 será de 1.770 horas/anuais, distribuídas de luns a venres

en cómputo semanal de trinta e nove horas, cos días máximos anuais que resulten.

O persoal de distribución e reparto, mentres estea adscrito a estes traballos, poderá ser excluído da xornada normal sempre que, de común acordo coa empresa, se fixen as compensacións económicas para posibles variacións de xornada, tendo en conta as especiais características que presenten a distribución e o reparto.

Artigo 8º.-As vacacións anuais consistirán no desfrute en 30 días naturais. O salario a percibir durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio. Todo o persoal poderá desfrutar dun período de 15 días de vacacións durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Atenderase sempre a producción e a consideración da dirección, e non poderán desfrutar máis de 4 productores as vacacións á vez, resultando un total de 8 productores por cada mes sinalado.

Retribucións.

Artigo 9º.-A retribución convida constará de:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Os traballadores/as que teñan que acudir ó médico especialista da Seguridade Social, terán dereito a percibi-lo seu salario, polo tempo que dure dito desprazamento.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base será o que se especifica na táboa de salarios anexa.

Artigo 11º.-Atigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios ó 4% sobre o salario base.

Artigo 12º.-Plus de carencia de incentivos.

Establécese o debengo do plus de carencia de incentivos, como prima de productividade e asistencia.

O plus de carencia de incentivos consistirá na percepción por cada traballador individualmente e por día efectivamente traballado, das cantidades que constan na táboa de salarios do presente convenio por este concepto.

Artígo 13º.-Sistema de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incenticos á producción que non poderán ser menores en cómputo anual ós establecidos neste convenio como plus de carencia de incentivos.

Os devanditos sistemas de remuneración por rendemento representarán como actividade normal de traballo a de 100 unidades do sistema centesimal ou 60 puntos Bedaux. A actividade óptima estará valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos Bedaux.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán en 3 pagas extraordinarias, de unha mensualidade de salario base máis antigüidade cada

unha, pagadoiras o 18 de marzo, o 18 de xullo e o 18 de decembro, respectivamente.

Artigo 15º.-Xubilación.

Todo/a traballador/a afectado/a polo presente convenio poderá solicitar a xubilación ós 64 anos de idade de conformidade co establecido no acordo nacional de emprego, e no Real decreto do 20 de agosto de 1981.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade en proporción ós seus anos de servicio na empresa de acordo coa seguinte escala:

5 anosdúas mensualidades.

10 anostres mensualidades.

15 anoscatro mensualidades.

20 anoscinco mensualidades.

25 anosseis mensualidades.

de 30 en adianteunha anualidade.

Artigo 17º.-Plus de vixilancia e guarda xurado.

En concepto de perigosidade establécese un plus para os que exerzan as ditas función, consistente no 10% do salario base.

Artigo 18º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós 6 anos de exerceren as ditas funcións na empresa deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 19º.-Seguro de vida e accidentes.

A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado polo presente convenio que cubra as seguintes continxencias e coas seguintes indemnizacións.

-Morte por accidente1.500.000 ptas.

-Invalidez permanente total1.500.000 ptas.

-Morte por calquera outra causa1.000.000 ptas.

Os/as beneficiarios/as deste seguro serán o/a traballador/a asegurado/a ou o cónxuxe viuvo/a e, se é o caso, os dereitohabentes do asegurado/a. O prazo para concertar este seguro será de 30 días a partir da publicación no BOP, e en calquera caso a partir dos tres meses de alta na empresa.

Artigo 20º.-Gratificación por matrimonio.

Tódo-los traballadores cunha antigüidade de polo menos tres anos na empresa terán dereito cando casen a unha gratificación de un mes de salario base máis antigüidade.

Artigo 21º.-Incapacidade laboral transitoria.

Cando un traballador/a se atope en situación de ILT percibirá o 100% do salario a partir da 3ª semana consecutiva en que se atope na devandita situación.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio realizaranse horas extraordinarias de carácter normal, non obstante pode

rán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Considéranse horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior as traballadas e empregadas na reparación de sinistro ou as que se realicen para prevelos, e horas estructurais, as que con carácter extraodinario e esporádico se efectúen no seo da empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituir por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

Enviarase á Delegación Provincial de Traballo informe mensual da realización e motivos destas horas, e será realizado conxuntamente polos delegados e a dirección da empresa.

O incumprimento dos pactos deste artigo, así como todo o referente ó artigo 35 da Lei 8/1980 do 10 de marzo, e Real decreto lei 1958, do 20 de agosto, considerarase unha falta grave para efectos do disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 23º.-Desconto en nómina da cuota sindical.

A empresa, logo de comunicación escrita ó traballador, procederá ó desconto na folla de salarios, da cuota sindical correspondente e ingresaraa na conta bancaria que se fará constar no escrito a petición do traballador e que corresponde á central sindical á cal está afiliado/a. A dita central sindical deberá cumpri-los requisitos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical.

No escrito de solicitude, deberán constar claramente os datos do traballador/a, a cantidade a descontar, o número de conta na que se debe ingresar e a sinatura de autorización.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa ou delegado de persoal deberán ser informados de calquera sanción imposta a un traballador antes de serlle notificada por escrito a este, e estará presente, en todo caso, no momento de serlle notificada.

A empresa estará obrigada a entregar ós representantes a copia de cada contrato feito durante a vixencia do presente convenio. En caso de que non o fixese e incumprise algunha cláusula contractual, este pasará a ser indefinido.

Así mesmo, a empresa entregará trimestralmente informe sobre a situación económica-financeira, mercado, vendas, futuro e conta de resultados de anos anteriores, tal e como preve a Lei 8/1980 e Lei 11/1985, considerándose falta moi grave, o incumprimento das ditas normas, e do estipulado no presente artigo.

Cláusula final.

En todo o que non estea previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na regulamentación de establecementos balnearios do 8 de xuño de 1959 e nas demais disposicións legais vixentes.

O presente convenio é asinado pola empresa Agua de Fontenova, S.A. e o representante dos traballladores/as no seo da devandita empresa, pertencente

á central sindical: Confederación Intersindical Galega (CIG). Tódalas partes con capacidade legal suficiente

segundo a Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dor traballadores.

5125