Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4286 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Sáenz Díez, 95-Ourense, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da

Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión con orixe na L.M.T. depuradora de Sarria, e rematará no proxectado C.T. de Vilar de Sarria, cunha lonxitude de 713 metros, con conductores LA-56 sobre apoios de formigón ou metálicos. Centro de transformación tipo intemperier de 160 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón, para mellora da infraestructura eléctrica da zoa den Vilar de Sarria, no concello de Sarria.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 12 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05755