Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4282 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95 Ourense , en solicitude de autorización para instalar C.T. de distribución tipo superficie en Camiño de Guntín-Monforte de Lemos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de centro de transformación tipo superficie, cunha potencia de 1.000 kVA e tensións 20 kV, B2 V, con dúas celas de liña e unha cela de protección. Incialmente instalarase un trafo de 400 kVA, para mellora do servicio eléctrico na zona, camiño de Guntín, no concello de Monforte de Lemos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 11 de xullo 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5323