Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95 Ourense, en solicitude de autorización para instalar C.T de distribución tipo edificio en Camiño do Matadoiro-Monforte de Lemos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de centro de transformación de distribución tipo edificio, cunha potencia de 1.000 kVA e tensións 20 kV, B2 V, con dúas celdas de liña e unha celda de protección. Inicialmente instalarase un trafo de 400 kVA no Camiño do Matodoiro en Monforte de Lemos.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 11 de xullo 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-05321