Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4200 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95 Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. estación-oficina en Sarria, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductores LA-110, con apoios de formigón e unha lonxitude de 127 metros, para estación-oficina en Sarria.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 10 de xullo 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05320