Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4327 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa). R/Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó edificio Don Gervasio Cao Expósito, na Avda. de Asturias en Ribadeo.

Orixe da liña: no C.T. Rosalar.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local edificio.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 280 m e con cable de 1x150 mm Al e 1x95 mm Al, designación D.H.V. 15/25 kV. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000 ± 5%/398-230 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Don Gervasio Cao Expósito, na Avda. de Asturias en Ribadeo.

Orzamento: 4.562.320 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5451