Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de xullo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publica a relación das persoas que deberán aportar documentos para ultima-la tramitación dos expedientes que se citan (Aristegui Ignacio, Francisco Javier e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase relación de persoas que deberán aportar documentación, co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se referencian.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, sita na Praza de Compostela nº 26, Vigo, co fin de proceder á tramitación dos expedientes promovidos polos interesados co último domicilio coñecido e cos datos que aquí se sinalan, reclama a presentación da documentación que seguidamente se cita, advertíndolles que en caso de non presenta-los mesmos e de conformidade co artigo 92 da citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte ó da data de publicación desta cédula, poderá caduca-lo expediente, producíndose o arquivo das actuacións.

InteresadosDomicilioDocumentación-Expte

Aristegui Ignacio, Francisco JavierPablo Iglesias, 12 4º A

Vigo

Cédula cualificación definitiva V.P.O. donde conste o nº de Expte. da cédula. Expte 14834/1993 Dev. 34/1994

Pérez Sanromán, JoséSaiáns, baixada á praia

Vigo

Nº presentación herdanza José Pérez González, ou xustificante pagamento. Carta pagamento orixinal ingreso ante Tesouro do 9.1.1990, nº 516 carta pagamento. Expte. 350 /1990 Dev. 88/1994.

95-5551