Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (26/1993).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 26/1993, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García Piccoli, contra Jesús Bernárdez Iglesias e Esther Platas Rivadas, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.- Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 2 de novembro, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.364.700 pesetas.

Segunda.- Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 28 de novembro, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.- Se resultase deserta a segunda sinalouse para a terceira poxa o próximo día 28 de decembro, ás 12.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.- Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.- Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal, desta cidade.

E deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0026/1993, e presenta-lo resgardo de ingreso.

Sexta.- Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e entenderase que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.- Poderán facerse posturas en prego pechado.

Oitava.- No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.- Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.- Se o acredor pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde destas.

Undécima.- O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Prado, labradío e monte, ó sito que chaman Bouza, no concello de Padrón, o cal está sinalado co número 1113 do plano xeral de concentración parcelaria da

zona de Santa María de Cruces. Ten unha superficie de 45 áreas e 49 centiáreas. Inscrita no rexistro de Padrón, tomo 375, libro 103 de Padrón, folio 47, predio número 10353. Inscrición segunda.

Importe da valoración: 1.364.700 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado.

5874